SanidadeÚltima hora

Cribado de Covid no barrio ourensán da Ponte o vindeiro sábado

Foto: Mónica G. Bellver.

 

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras convocará este sábado para un cribado poboacional selectivo aleatorio a 2.000 persoas (entre 30 e 60 anos) do barrio da Ponte en Ourense.

Será o sábado ente as 8.30 e as 14.00 h. no Pavillón Deportivo de Oira. No cribado utilizaranse as probas PCR. Nel participarán sete enfermeiras e catro técnicos de coidados auxiliares de enfermería.

O índice acumulado a catorce días (IA14) na Ponte, 137 casos por cen mil habitantes, é superior á media do Concello de Ourense, que se sitúa, neste periodo, nun IA14 de 80.3, e supera tamén a taxa de casos activos entre os usuarios do resto de Centros de Saúde da cidade: A Cuña-Mariñamansa, 91; O Couto, 47; A Carballeira, 41; Novoa Santos, 67 e Valle Inclán, 42; no mesmo índice e periodo.

A incidencia desta área da cidade está dentro dun parámetro contido, e con esta iniciativa seguese a liña de anticipación e control, para limitar os contaxios e afondar no coñecemento da situación epidemiolóxica, do Concello de Ourense, que a data de hoxe conta con 99 casos activos, tras un periodo de suba gradual ao longo das últimas semanas.

A importancia de colaborar

As persoas seleccionadas serán convocadas, como é habitual, por medio dunha mensaxe de SMS, na que se lles indica a hora e o lugar da mostraxe. Ademais de por esta vía, pode comprobarse na seccion de cita previa de atención primaria, na páxina do Sergas, onde aparecerá a cita de estar seleccionado.

Coma sempre, a proba será voluntaria, non si, hai que lembrar a todos e todas as quer sexan convocadas a importancia da súa participación, xa que, de estar contaxiado sen síntomas, ou se estes pasan inadvertidos, podese estar contribuindo a extensión dos contaxios. Co risco de afectar gravemente a saúde das persoas que nos rodean, asi como a retrasar a recuperación da normalidade do conxunto do noso concello ou bisbarra.

Por elo, anímase a todos e todas as convocadas a participar, respectando as instrucións en canto a horarios e medidas de protección e, por suposto, non acudir en caso de non estar citado; estar en illamento por un diagnóstico positivo; estar en corentena por ser contacto estreito dun positivo; ter cita para unha PCR, por ser contacto estreito ou sospeita, ou estar a espera do resultado desta proba.

Igualmente, estas mostraxes non se deben confundir coas indicadas aos contactos directos ou estreitos dos pacientes positivos a COVID-19, que continúan a realizárse por outra vía. Neste caso, trátase de facer probas a persoas sanas e sen síntomas, precisamente para obter unha imaxe real da situación epidemiolóxica, nun tempo e espazo determinado.

Artigos relacionados

Back to top button