SanidadeÚltima hora

Cribado de Covid no persoal da hostalaría do concello de Ourense

 

Dende a Consellería de Sanidade vén de anunciarse que ao longo dos próximos días está previsto realizar un cribado do persoal de hostalería do concello de Ourense “para darlles apoio nunha volta segura á actividade”.

Desde a Direccion da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco contactouse esta mañá “coas dúas asociacions con presenza na provincia para que, á súa vez, aproveitando o reinicio da sua actividade, lles fagan chegar ao colectivo a posibilidade de participar nun cribado oportunista voluntario, vía PCR”. Sanidade matiza que este cribado “está aberto a todos aqueles traballadores e traballadoras do sector que o desexen, sen límite de tempo”.

Artigos relacionados

Back to top button