ConcellosÚltima horaViana do Bolo

Cribado de Covid o mércores en Viana, que sobe aos 26 casos activos, 5 máis que onte

Foto: Mónica G. Bellver.

 

Continúa a escalada de casos activos de Covid-19 en Viana do Bolo. Segundo os datos do Sergas, feitos públicos esta mañá polo Concello e actualizados ás 18h. de onte, son 25 casos positivos rexistrados nesta xornada, o que supón 5 máis que onte.

“Ante o alarmante incremento de casos no noso concello nos últimos días, realizarase un cribado o vindeiro mércores 25 de agosto a partir das 16:00 h no Pavillón Municipal”, tal e como o anuncia o Concello de Viana do Bolo, que adianta tamén que “nas próximas horas facilitaremos un enlace web no que as persoas que o desexen poden anotarse para participar no cribado”.

Novamente dende o Concello de Viana do Bolo faise un chamamento á veciñanza para que extreme as precaucións e “siga escrupulosamente as recomendacións e normas sanitarias”.

Artigos relacionados

Back to top button