SanidadeÚltima hora

Cribado de detección de Covid ao persoal da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco

 

Neste 2 de outubro vén de iniciarse o cribado de detección de Covid-19 aos 5.000 traballadores da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco; comezarondo nas unidades de críticos e hospitalizacion. A proba que se lles realiza é o coñecido como test rápido, que é un test serolóxico de determinación de anticorpos polo virus SARS-CoV-2 (IgG/lgM). “Os positivos confirmaranse con PCR”, indican dende a consellería.

Os test están sendo realizados por persoal de enfermería, directamente en cada unidade e, aos non sanitarios, nos seus centros de traballo. Continuarase ao longo dos vindeiros días, co obxectivo de rematar o vindeiro venres.

Esta actuación está enmarcada na detección precoz de novos casos e a prevención da aparición de novos brotes a través da realización de probas de detección de infección en determinados colectivos estratéxicos. A análise dos datos do momento epidemiolóxico actual recomenda realizar un segundo cribado a este persoal, tal e como informa Sanidade.

Ademais, dende esta consellería lémbrase que xa se realizou un primeiro cribado no mes de maio a todos os profesionais do Sergas, aos das entidades dependentes do mesmo e aos das empresas que prestan os seus servizos nos centros sanitarios públicos.

Artigos relacionados

Back to top button