ConcellosÚltima hora

Cribado na Rúa para veciños deste concello e dos de Larouco, Petín, O Bolo e Vilamartín

Será o vindeiro luns 2 de agosto, de 16h. a 20:30 h. no Pavillón do Aguillón (A Rúa)

 

Ante o incremento de casos activos de Covid-19 que se está a rexistrar nos últimos días nos concellos valdeorreses da Rúa, Larouco, Petín, O Bolo e Vilamartín, a Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco vén de anunciar a realización dun cribado poboacional de veciños destes cinco municipios.

Este cribado, mediante test de antíxenos, está previsto para o vindeiro luns 2 de agosto, de 16h. a 20:30 h. no Pavillón Municipal O Aguillón de A Rúa. Sera por autoinscrición para persoas entre 12 e 39 anos.

Enlace para esa autoinscrición:
https://coronavirus.sergas.gal/cribado/Rexistro.aspx

Artigos relacionados

Back to top button