OurenseÚltima hora

Cribado para o alumnado e o persoal do IES de Allariz

IES de Allariz./ Foto cedida.

 

O Concello de Allariz vén de informar a través dunha nota de prensa de que o IES de Allariz solicitoulle ao Sergas a realización dun cribado para o alumnado, o persoal docente e o non docente do centro ante o aumento de casos.

“Ante a evolución de casos no centro, 21 casos activos e unha aula pechada, o Sergas realizará probas para detectar posibles asintomáticos e facer o centro máis seguro para todos. O Concello de Allariz pídelle as familias dos alumnos e alumnas a máxima participación posible neste cribado”, tal e como indica o Concello de Allariz.

Os pais dos alumnos recibirán un SMS coa hora e o día no que deberán achegar aos seus fillos ou fillas para realizar unha PCR, segundo o Concello.

 

Artigos relacionados

Back to top button