SanidadeÚltima hora

Cribado poboacional de carácter comarcal na Pobra de Trives

 

Dende as tres e media e ata as oito e media deste martes 11 de xaneiro, o Auditorio Julio Vázquez da Pobra de Trives acolle un dos cribados de Covid itinerantes anunciados pola Consellería de Sanidade. O cribado é para toda a área do PAC de Trives, con autocita.

Ademais do de Trives, a área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras tamén está realizando cribados poboacionais con autocita en Ribadavia (Pavillón Polideportivo O Consello); Celanova (Auditorio Municipal Ilduara; O Cercado); e Coles (Casa do Concello).

Artigos relacionados

Back to top button