SanidadeÚltima hora

Cribado preventivo dos traballadores de residencias de Valdeorras nesta fin de semana

Están citadas arredor de 550 persoas e as probas PCR faranse no punto de recollida de mostras do Hospital do Barco

Indicador dos test Covid no Hospital Público de Valdeorras.

 

Durante esta fin de semana está prevista a realización dun cribado preventivo entre os traballadores de residencias da terceira idade da comarca de Valdeorras. Así o vén de anunciar a Consellería de Sanidade.

O cribado terá lugar o sábado e domingo, á mañá e á tarde. Están citadas arredor de 550 persoas. As probas PCR faranse no punto de recollida de mostras do Hospital Público de Valdeorras, no Barco.

Artigos relacionados

Back to top button
Close