SanidadeÚltima hora

Cribado selectivo de Covid entre veciños e persoal de establecementos en Mariñamansa

Ademais realizarase un cribado preventivo nunha residencia de maiores de Arnoia

 

Dada a concentración de casos en investigación en determinadas áreas do barrio ourensán de A Cuña-Mariñamansa, os equipos de recollida de mostras da Área Sanitaria iniciarán mañá venres un cribado selectivo de veciños e persoal, que prestou servizos, nos últimos quince días, nalgúns dos establecementos (bares, comercios, etc.), “na procura de detectar casos asintomáticos e limitar posibles contaxios, no marco do gromo social, de orixe descoñecido, detectado nesta área de Ourense, na que se mantén activo o rastrexo dos contactos estreitos dos positivos”, tal e como informa a Consellería de Sanidade.

Cribado preventivo nunha residencia de Arnoia

Por outra banda, a detección dun caso positivo, que afecta a unha coidadora da Residencia Sociosanitaria “Ntra. Sra. del Socorro” de Arnoia vén de motivar a posta en marcha, esta mañá, dun cribado a todos os seus residentes e persoal. En total, recolléronse 159 mostras a 90 usuarios e 69 traballadores.

Igualmente activouse o protocolo Covid ante o diagnostico positivo dunha das traballadoras do Centro de Día Troncoso (Ourense).

Artigos relacionados

Back to top button