EntrevistasÚltima hora

“Correr nas vodas de ouro do rallye que vía de pequeno e que ganei o ano pasado, foi unha motivación extra”

O piloto zaragozano Cristian García anótase o seu segundo Rallye de Ourense, este ano ao volante do Ford Fiesta R5
O piloto zaragozano, Cristian García. /Foto: Carlos G. Hervella.

Sen sorpresas. Aínda que tivo a “Cohete” Suárez pisándolle os talóns nos tramos finais, especialmente no segundo pase de Esgos e primeiro de Meliás no que chegou a sacarlle uns segundos de vantaxe, Cristian García Martínez chegaba a Ourense para ganar e non defraudou. Ao volante do seu novo coche, o Ford Fiesta R5, o piloto zaragozano era un dos grandes favoritos a gañar o Rallye de Ourense nas súas vodas de ouro, e así o fixo, revalidando o título conseguido xa o ano pasado.

Despois de adxudicarse os catro tramos da primeira xornada e catro dos seis da segunda, Cristian García conseguía a vitoria no Rallye de Ourense 2017, cun tempo total de 2:11:04.7, sacando 59.8 a Iván Ares, segundo, e 3:23.9 a Pedro Burgo, terceiro.

Con esta nova vitoria, a segunda consecutiva e a terceira no que vai de tempada, Cristian mantense como líder do campionato de España de Rallyes. A seguinte cita será de novo en terras galegas, no Rallye de Ferrol.

O ano pasado ganache o Rallye de Ourense, vas líder na xeral do campionato de España de rallyes… E volviche ganar. ¿Como foi esta 50ª edición da carreira ourensá, a cuarta do nacional?
Mellor. Este ano viñemos con coche novo e hai diferencia co outro. O ano pasado xa ganamos aquí e este ano repetimos, o que nos vai moi ben para o campionato de España. Levabamos dúas de tres e con esta foi fantástico para encarrilar o parón veraniego, e ir de vacacións cos deberes ben feitos.

Ganache en Sierra Morena e Adeje, ¿que pasou en Gran Canaria?
Non iamos moi ben coas reglaxes do coche pero despois xa fomos tocando e moito mellor, en Ourense tamén. Co Ford Fiesta moito mellor que co Mitsubishi en comparación. O outro tamén ía ben pero en curva non entraba tan rápido como este. Estou moi contento.

¿Que supón para ti estar no 50ª aniversario da carreira ourensá?
É un rallye que vía dende pequeno, no que ganei o ano pasado, e estar nas súas vodas de ouro foi unha motivación extra.

 

Cristian García xunto ao seu Ford Fiesta R5. /Foto: Carlos G. Hervella.

¿Que tramo che gusta máis do Rallye de Ourense?
Gústanme todos. Son tramos moi parecidos aos que temos en Zaragoza, polo que nos atopamos cómodos. Son estreitos, rotos, con moita pedra, sucios,… moi similares e levamos correndo alí dende que empezamos hai oito anos polo que vas collendo experiencia e ao estar nun terreo similar ao teu, nótase.

¿Que che pareceu o tramo nocturno?
Ben. A min a noite gústame. É complicada para todos porque non se vei nada aínda que levemos as luces, pero ben. É un atractivo para o rallye e para os pilotos porque para a xente penso que non é tan espectacular porque non saben nin o que ven. É máis para nós.

¿E o feito de que a proba se desenvolvese en dous días?
Eu véxoo moi ben, polo menos para min, porque senón é unha paliza. Estos cambios con respecto ao ano pasado foron positivos. Hai xente que prefire un día pero eu prefiro dous. É máis descansado.

Artigos relacionados

Back to top button