En portadaÚltima hora

Cristian García, líder do Rallie de Ourense tras o tramo cromometrado 2, Toén-Castrelo

Iván Ares, do Sainteloc Junior Tema, sufríu unha penalización de 20 segundos e o colócase no terceiro posto da táboa

Á espera de que menos de que 20 coches cheguen á meta neste segundo Tramo Cronometrado (Toén-Castrelo) de 15 quilómetros, o piloto Cristian García xa se proclamou líder desta primeira xornada cun tempo acumulado de 27 minutos e 49 segundos. Este piloto do equipo RMC Motorsport acadou un tempo de 8:48 neste segundo tramo, o que lle outorgou o liderado. Pero moi pretiño estivo José Suárez e o seu Peugeot 208, do equipo Sainteloc Junior Team, xa que só lle separou de García, neste segundo TC, un segundo. Así é todo, Suárez conseguiu arrebatarlle a segunda posición a Iván Ares, xa que este tivo unha penalización de 20 segundos nesta TC2 de Toén. En total, Ares obtivo nesta proba un tempo de 8:52 o que fai un acumulado coa proba da Peroxa de 28:17.

Do resto, nesta segunda TC, Pedro Burgo do ACSM Rallye Team conseguiu manterse cuarto na táboa, facendo un tempo de nove minutos e un segundo, o que se traduce nun acumulado de 28:18. O que tamén se mantén no “top 5” é Surhayen Pernía cos seus 9:08 neste segundo tramo, rexistrando un acumulado de 28:43.7.

Tal e como están as clasificacións actualmente, Suárez (segundo) está a 11 segundos de Cristian García, polo que a seguinte proba desta tarde pode ser decisiva, xa que aínda non está todo xogado.

Máis información sobre a clasificación na seguinte ligazón: http://online1.atodomotor.com/online/2017/ourense/2/1/rally-1.html?

Tempos TC2- Toén-Castrelo.

Artigos relacionados

Back to top button