OurenseÚltima hora

Cristina Cid asumirá a alcaldía de Allariz tras a renuncia de Francisco García

Cristina Cid con Francisco García, tras a rolda de prensa.

 

No mediodía do 8 de xuño o alcalde de Allariz, o nacionalista Francisco García, convocaba aos medios de comunicación para anunciar publicamente a súa renuncia ao cargo. De seguido, dábase conta dos cambios que haberá no equipo de goberno alaricano como consecuencia desta decisión.

Así, Cristina Cid, ata o de agora tenente de alcalde e concelleira de Promoción Económica,  Turismo e Comercio, será a nova rexedora. Deste xeito dase paso a unha nova etapa no Concello de Allariz.

Fotos: Concello de Allariz.

 

O alcalde de Allariz anunciando a súa renuncia ao cargo na rolda de prensa.

Artigos relacionados

Back to top button