DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Cristina Colomo (Salvour), triple campioa de Europa e un récord de España en salvamento e socorrismo

A deportista ourensá volvía con 8 medallas (tres de ouro) do campionato celebrado en Italia

 

A localidade italiana de Riccione acollía entre o 17 e o 22 de setembro os campionatos de Europa de  salvamento e socorrismo deportivo, tanto en piscina como en praia, nos que o club ourensán Salvour estivo representado pola deportista máster Cristina García Colomo, “a mellor do continente, na súa categoría, en tres das oito probas nas que participou”, explican dende o club, sumando 7 medallas (3 de ouro, 2 de prata e 2 de bronce).

A ourensá proclamouse campioa de Europa nas probas dos 100 metros de natación con obstáculos (batendo o actual récord de España); nos 2 quilómetros de carreira en praia; e na proba de nadar surf. Ademais lograba a  prata na proba de bandeiras e no sprint de praia. Os bronces conseguíaos nos 50 rescate de maniquí e nos 100 metros de rescate de maniquí con aletas.

O club ourensán finaliza así a súa participación na tempada 2018/ 2019 e xa comezou os adestramentos para preparar as citas da vindeira 2019/ 20. Tamén ten aberta a inscrición na escola de iniciación ao deporte do salvamento e socorrismo para nenos e nenas a partir dos 8 anos nas piscinas municipais do pavillón de Os Remedios.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button