DeportesNatación

Cristina G. Colomo (Salvour) arrasa no nacional Máster de Salvamento e Socorrismo

A nadadora ourensá conseguía sete medallas: catro de ouro, dúas de prata e unha de bronce

 

Un total 166 deportistas participaban a pasada fin de semana na VIII edición do Campionato España Máster de Salvamento e  Socorrismo, celebrado na piscina municipal de Durango e na praia de Gorliz, no País Vasco.

Unha competición na que destacaba o papel da nadadora do club ourensán Salvour, Cristina García Colomo, única representante da provincia, “cunha actuación impecable”, puntualizan dende o club.

Tan impecable que se proclamaba campioa de España en tres probas de piscina onde se alzou co ouro en 200 metros natación obstáculos, 100 metros remolque maniquí e 50 metros remolque maniquí; proclamándose adeamis subcampioa de España na proba de 100 metros socorrista.

Na xornada na praia de Gorliz Cristina volvía triunfar proclamándose campioa de España na proba de nadar surf, subcampioa de España na proba de bandeiras e medalla de bronce en carreira con sprint, o que fan un total de 7 medallas (4 ouros, 2 pratas e 1 bronce). “Unha excelente actuación que indica o seu estado de forma e que presaxia un bo resultado no vindeiro Campionato de Mundo que se celebrará en Italia despois do verán”, avanzan dende a directiva do Salvour.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button