DeportesÚltima hora

Cristina Neta, orientadora do Club Peña Trevinca O Barco, campiona galega de distancia longa

A valdeorresa lograba o primeiro posto en F14 na última proba oficial da liga galega de orientación
Crsitina Neta Pérez (no centro) co primeiro posto da proba celebrada en A Capela (A Coruña).

Os deportistas do Club Peña Trevinca O Barco seguen sumando bos resultados. Os últimos, os colleitados esta fin de semana na localidade coruñesa de A Capela (A Coruña) onde se disputaba a última proba oficial da liga galega de orientación na que participaron 20 membros do club barquense.

Unha competición no mítico e difícil mapa de Forgoselo na que a valdeorresa Cristina Neta Pérez lograba o 1ª posto en F14 e proclamábase campiona galega de distancia longa. Esther Agudo Calvelo era 3ª en F14 e Israel Agudo Calvelo era 4º en M12.

Con esta proba péchase a tempada 2017 no apartado de orientación a pé, a falta do campionato de relevos que se disputará no mes de decembro.

Artigos relacionados

Back to top button