OurenseÚltima hora

Cristina Pato comparte xira por EE UU con Lil Buck, bailarín de Madonna

A banda na que toca a gaiteira máis internacional de Ourense publica este venres novo álbum, “Sing me home”
Un instante do espectáculo que comparten Cristina Pato e Lil Buck por EE UU.
Un instante do espectáculo que comparten Cristina Pato e Lil Buck por EE UU.

A gaiteira ourensá Cristina Pato está de xira este mes de abril por varios estados de EE UU xunto co famoso bailarín Lil Buck, un artista de rúa que acadou a fama despois de traballar como bailarín de Madonna, na Super Bowl, ou nos ballets máis importantes de Nova York.

No espectáculo que ambos comparten sobre as táboas, Pato e Buck interpretan temas tradicionais galegos, clásicos no piano e arranxos doutros compositores. Buscan así impresionar ao público cun contratse da música galega e clásica interpretada a través dun baile urbano xurdido da sociedade afroamericana estadounidense.

Algúns dos destinos previstos na axenda da ourensá xunto co bailarín pasan por localidades ubicadas en Carolina do Norte, Washinton DC e a Massachusets.

Ademais, a gaiteira máis internacional da provincia presenta este venres novo álbum, “Sing me home”. É un traballo gravado coa banda Silk Road Ensemble, liderada por Yo-Yo Ma. Inlcúe una nova versión de “Cabaliño”, unha canción tradicional galega que foi gravada con músicos galegos e membros do proxecto “Rústica”.

Artigos relacionados

Back to top button