CulturaCulturaÚltima hora

Cristina Pato con Manuel Manquiña no programa da TVG “O gato con botas”

A gaiteira ourensá  será a primeira convidada na nova tempada do espazo televisivo que comeza este xoves
Manuel Manquiña e Cristina Pato.
Manuel Manquiña e Cristina Pato.

Tralo descanso estival, este aoves 6 de outubro regresa á parrilla da TVG “O gato con botas” un programa de entrevistas conducido por Manuel Manquiña que estrea tempada coa gaiteira ourensá Cristina Pato como convidada.

Nesta tempada o espazo televisivo apostou por entrevistar a recoñecidos galegos que viven fóra de Galicia pero que seguen a ter unha forte vinculación con Galicia como a propia Pato, Luis Moya ou Antón Lamazares, en futuros programas. Na primeira entrega, Manuel Manquiña desprazarase ata Ourense para coñecer o lado máis íntimo e persoal da gaiteira máis internacional, que actualmente vive en Nova York.

Unha escena do programa "O gato con botas" con Cristina Pato como convidada.
Unha escena do programa “O gato con botas” con Cristina Pato como convidada.

Con 35 anos Cristina Pato acumula centos de actuacións en escenarios de Asia e de América, críticas nos máis prestixiosos xornais, unha residencia en Harvard e un compromiso coa educación e as artes abalado pola mesma Michelle Obama. Instalada dende fai unha década en Nova York, a gaiteira recibirá a Manuel Manquiña na súa casa en Ourense a onde regresa sempre que pode para estar coa súa familia. Dende alí, o espectador de “O gato con botas” coñecerá de primeira man como foi a súa infancia ao ser a pequena de catro irmás, os seus comezos coa gaita aos catro anos, como lembra o salón de baile que tiña o seu avó onde os seu pai e os seus tíos tocaban o acordeón ou como coñeceu ao seu home entre foles e aturuxos. O programa contará tamén coa participación da nai e as irmás de Cristina así como do seu home, Xan.

Artigos relacionados

Back to top button