EconomíaEconomíaOurenseÚltima horaViticultura

Cristina Pato respalda a presentación da Feira do Viño de Valdeorras en Ourense

Con este acto péchase a rolda de promoción deste certame polas catro provincias galegas
Acto de presentación da Feira do Viño de Valdeorras en Ourense.
Acto de presentación da Feira do Viño de Valdeorras en Ourense.

De fascinante calificaba a gaiteira e pianista ourensá Cristina Pato o programa da XVII Feira do Viño de Valdeorras, que se celebrará no Barco na fin se semana do 12 e 13 de xullo. “Inclúe arte, música, cine, radio e gastronomía, completa todo o que é o patrimonio cultural de Galicia”, “neste caso de Ourense”. Dicíao na presentación ante os medios de comunicación deste certame vitivinícola na capital da provincia na mañá do 26 de xuño.

Tamén interviña o presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras, Xosé Luis García Pando, quen adiantaba os detalles dos actos que se incorporan nesta edición, que terá como marco a praza Andrés de Prada, no centro do Barco. Alí poderán degustarse máis de cen marcas das 22 adegas participantes. Na inauguración da mostra contarase de novo coa presenza de Cristina Pato e da súa música.

Pola súa banda, o alcalde do Barco, Alfredo García Rodríguez, recordou que “levamos catro semanas promovendo a Feira do Viño na Coruña, Lugo, Vigo e hoxe en Ourense”. E tras asegurar que o mundo do viño hai que velo en Valdeorras como un recurso económico importante para o conxunto da poboación, animaba a todos os ourensanos a acudir a esta mostra, visitar as casetas e probar os viños “porque paga a pena e estamos a tiro de pedra, non hai desculpa par non ir ao Barco”.

Máis información na vindeira edición en papel do Periódico O Sil

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button