CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

Crónica dun valdeorrés no Camiño de Santiago

As imaxes corresponden ao tramo entre Sarria e Portomarín

 

En pleno Ano Santo, son moitos os peregrinos que mochila ás costas realizan algunha ou varias das rutas xacobeas rumbo a Santiago de Compostela.

Uns fano por motivos turísticos, outros por deporte e mesmo culturais, pero moitos realízano por motivos estritamente relixiosos, tendo xa realizado moitas peregrinacións. E entre eles non falta xente de Valdeorras que unha vez rematada a vendima, unha das épocas máis importantes do ano na comarca, ponse a camiñar rumbo a Compostela.

 

 

Nesta galería de imaxes podemos ver instantáneas sacadas por un deses valdeorreses no tramo de Sarria a Portomarín, recoñecendo que “o Camiño sigue precioso e está con un ambiente mui bonito. Nunca vin tantos e variados peregrinos, xentes de toda edade e fala. Nótase que a xente ten ganas de salir e disfrutar da naturaleza en liberdade”, di, algo que todos desexamos.

 

 

Así, neste fermoso tramo na provincia de Lugo, atopouse con moitos camiñantes coma el e tamén con todo tipo de animais en enclaves aínda máis fermosos nesta época do ano, no momento xusto en que a folla cambia de ton regalando coloridas estampas.

 

 

 

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button