OurenseÚltima hora

Cruz Roja de Ourense forma a 17 mulleres inmigrantes no terceiro obradoiro “SARA”

Traballa con persoas procedentes de Rusia, Rumanía, Venezuela, Cuba, Ecuador, Camerún, Pakistán, Marruecos, Brasil e Portugal
O terceiro obradoiro do programa "SARA" traballa con 17 mulleres inmigrantes.
O terceiro obradoiro do programa “SARA” traballa con 17 mulleres inmigrantes.

Cruz Roja de Ourense inicia novo grupo de formación a mulleres inmigrantes no marco do programa “SARA”, que busca axudar a este colectivo a a topar traballo desde o apoio psicolóxico e a participación social. Nesta edición, xa é o tercero obradoiro, a ONG traballa con 17 persoas procedentes de Rusia, Rumanía, Venezuela, Cuba, Ecuador, Camerún, Pakistán, Marruecos, Brasil e Portugal, con edades entre os 18 e os 53 anos.

O devandito programa lévase impartindo por Cruz Roja en Ourense dende o pasado mes de setembro, desde que forma parte da carteira de proxectos do Plan de Emprego. O grupo actual desenvolverá as súas actividades ata o 1 de xuño. Dende a ONG indican que con “SARA” preténdese mellorar a calidade de vida das mulleres inmigrantes en risco de exclusión social nas súas facetas personal e profesional.

Artigos relacionados

Back to top button