SanidadeÚltima hora

Cruz Vermella percorre a provincia de Ourense coa campaña Saúde de Ouro

Busca sensibilizar sobre o coidado da saúde en distintas localidades, a próxima parada, Maside o día 9
A carpa da Cruz Roja informa sobre hábitos saudables e fai control da diabetes e hipertensión.
A carpa da Cruz Roja informa sobre hábitos saudables e fai control da diabete e a hipertensión.

Cruz Vermella pon en marcha un ano máis a campaña Saúde de Ouro, coa que busca sensibilizar sobre o coidado da saúde en distintas vilas da provincia de Ourense. Así, tras ter feito paradas xa en O Irixo, Maceda ou Cea, hoxe mesmo, a caravana despregarase en Maceda o vindeiro xoves día 9.

O obxectivo destas carpas é promover estilos de vida saudables que contribúan a unha mellora da calidade de vida e o mantemento dunha boa saúde. Para iso, a organización crea material divulgativo sobre diversos temas, que van dende a alimentación ao coidado das cóstas, pasando polo sono, ou a importancia do exercicio físico. Tamén informan sobre o control de enfermidades como a diabete ou a hipertensión.

As próximas citas ao longo do mes de xuño serán o día 17 en A Veiga; o 18 en Castro Caldelas, o día 22 en Manzaneda e o 25 en Ribadavia.

Non obstante, Cruz Vermella seguirá tamén durante o mes de xullo. Así, as paradas programadas para entón son en Trives o venres 1, Viloira o mércores 6, A Rúa o xoves 7 e Avión o martes 12.

Artigos relacionados

Back to top button