Ourense

Cruz Vermella clausura o obradoiro Aprender Traballando, para mozos desempregados

O programa contou coa participación dunha vintena de rapaces entre 18 e 30 anos de idade
Unha vintena de mozos participou neste proxecto da Cruz Vermella Ourense.
Unha vintena de mozos participou neste proxecto da Cruz Vermella Ourense.

Cruz Vermella Ourense pechou hoxe o proxecto Aprender Traballando, enfocado para mozos inscritos no Sistema de Garantía Xuvenil como demandantes de emprego. En total, participaron 20 rapaces con idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos. A clausura incluíu a entrega de diplomas.

O obradoiro celebrouse co obxectivo de promover o acceso ao emprego da mocidade. Para iso, combinouse a formación teórica con prácticas non laborais en empresas colaboradoras para acadar unha formación e capacitación completa, que neste caso se centrou no sector do comercio.

O resultado final desta iniciativa foi positivo, pois seis dos participantes no proxecto foron contratados nos establecementos nos que realizaron as prácticas.

Artigos relacionados

Back to top button