OurenseSen categorizarÚltima hora

Cruz Vermella clausura o proxecto “Aprender Traballando” para xoves desempregados, en Ourense

21 menores de 30 anos recibiron formación teórico-práctica para traballar no sector comercial
Clausura do proxecto “Aprender Traballando” de Cruz Vermella.

Un total de 21 persoas menores de 30 anos participaron na quinta edición do proxecto “Aprender Traballando” para xoves de garantía xuvenil que Cruz Vermella en Ourense clausuraba na mañá do 9 de xullo.

Despois de cinco meses de formación teórico-práctica, púxose o broche ao proxecto coa entrega de diplomas ao alumnado, formado para traballar no sector do comercio e o agradecemento ás empresas colaboradoras onde realizaron as prácticas non laborais do curso “Actividades de venda”.

As clases teóricas complementáronse con charlas de iniciativas emprendedoras de éxito explicadas en primeira persoa por xoves da súa idade. Tamén se realizaron visitas a diferentes empresas, asociacións e outras actividades vinculadas coa mellora de habilidades e competencias persoais.

“En Cruz Vermella apostamos poas persoas xoves e con talento, con ganas de traballar e moito que aportar ás empresas. A experiencia que temos de edicións anteriores é moi boa, coa taxa de inserción laboral moi alta, por iso nos despedimos desta promoción optimistas e orgullosas do seu traballo”, explica Sandra Iglesias, técnica do proxecto.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button