OurenseÚltima hora

Cruz Vermella desenvolverá unha campaña de prevención e información sanitaria nas rúas de Ourense

O obxectivo é o de poñerlle freo á expansión do Covid-19, fomentando o uso de mascarillas

Cruz Vermella e o Concello de Ourense presentaron esta mañá a campaña informativa que desenvolverán os voluntarios da organización na rúas da cidade. O obxectivo é o de poñerlle freo á expansión do coronavirus, insistindo na “necesidade de usar as mascarillas, e ao mesmo tempo, lembrar consellos básicos para esta época do ano: hidratarse continuamente, evitar as horas centrais do día, etc”.

 

Durante a presentación da iniciativa.

 

Os voluntarios de Cruz Vermella asentaranse nos lugares de maior concorrencia, desde a rúa do Paseo até as piscinas municipais de Oira, e “non queremos vender nada, só queremos axudar”, afirmaba José Ramón Bayón, responsable de Servizos Preventivos.

Artigos relacionados

Back to top button