SanidadeÚltima hora

A Cruz Vermella destina o recadado no Día da Banderita a proxectos de infancia

Mesa do Barco de Valdeorras.

A Cruz Vermella esparexeu aos seus voluntarios por toda a provincia para recadar fondos no marco do se tradicional “Día da Banderita”. Desta volta, a oenegué vai destinar todo o recadado a proxextos que teñan que ver coa infancia.

Mesa do Carballiño co alcalde da localidade, Francisco Fumega a concelleira de Benestar Social, Marina Ortega, e o voceiro de AV-SON, Bernardo García na Praza Maior da localidade.

Este obxectivo non é casual xa que esta celebración do “Día da Banderita” coincidiu coa celebración do Día Universal da Infancia, e por este motivo o destinarán a ese tipo de proxectos. Máis dun centenar de voluntarios botáronse ás rúas de localidades como O Barco de Valdeorras, que se situaron na praza do Concello; O Carballiño, tamén diante do consistorio, ou Ourense, que estiveron na Rúa do Paseo e polo Casco Vello, para recadar eses cartos para programas que atendan a eses rapaces, así como para concienciar á poboación de que aínda existen menores no noso país que sofren necesidades de todo tipo.

Mesa instalada na Praza do Concello do Barco de Valdeorras.

Fotos da galería: Rúa do Paseo e Casco Vello de Ourense.

Artigos relacionados

Back to top button