OurenseÚltima hora

Cruz Vermella distribuirá 132.734 kilos de alimentos na provincia de Ourense

Estase desenvolvendo a terceira e última fase do Programa 2016 de Axuda Alimentaria ás persoas máis desfavorecidas
O subdelegado do Goberno, Roberto Castro e o presidente provincial de Cruz Vermella, Felipe Ferreiro, cos técnicos na nave de SEUR.

Coa distribución de case 18 millóns de kilos de alimentos entre persoas vulnerables ata o 30 de abril, Cruz Vermella Española conclúe a terceira e última fase do Programa 2016 de Axuda Alimentaria ás persoas máis desfavorecidas. A través deste programa, repartiranse preto de 99 millóns de kilos de alimentos (distribuídos entre Cruz Vermella Española e a Federación Española de Bancos de Alimentos).

Nesta terceira fase Cruz Vermella distribuirá na provincia de Ourense, 132.734 kilos de alimentos a través de 76 OAR (organizaciónss asociadas de reparto), chegando a 4.999 beneficiarios. Tal como explican dende a ONG, en Ourense é SEUR quen se encarga da recepción dos produtos, do seu almacenamento e da distribución ás entidades colaboradoras, mentres que Cruz Vermella leva a cabo a xestión documental do Plan así como a intermediación entre as entidades colaboradoras e SEUR, ademáis da solución de posibles incidencias.

Técnicos do Ministerio de Agricultura, Alimentacióne Medio Ambiente realizaban na mañá do 21 de febreiro, a inspección dos alimentos na nave de SEUR, acompañados do subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro e do presidente provincial de Cruz Vermella, Felipe Ferreiro.

Trátase de alimentos de carácter básico, pouco perecedoiros, de fácil transporte e almacenamento. A “cesta de alimentos”, elaborada coa colaboración da Federación de Bancos de Alimentos, Cruz Vermella e expertos en nutrición dos Ministerios de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, inclúe 14 produtos como arroz branco, lentellas, tarros e cereais infantís, leite de continuación en polvo, leite UHT, aceite de oliva, atún en conserva, pasta alimenticia, tomate frito, galletas, crema de verduras deshidratada, froita en conserva sen azucre engadido e xudías verdes en conserva.

 

Visita á nave de SEUR en Ourense, onde se recollen os alimentos.

Artigos relacionados

Back to top button