OurenseÚltima hora

Cruz Vermella e o CCA Ourense Centro informan sobre o acollemento familiar

Máis de 150 establecementos comerciais participan na difusión do programa “En familia, por dereito”
Mesa informativa sobre o acollemento familiar, en Ourense.
Mesa informativa sobre o acollemento familiar, en Ourense.

A partir de hoxe, 20 de novembro, coincidindo coa conmemoración do Día Mundial da Infancia, máis de 150 establementos asociados ao Centro Comercial Aberto Ourense Centro, colaboran na difusión do Programa de Acollemento Familiar da Cruz Vermella de Ourense “En familia, por dereito” mediante a posta a disposición dos seus clientes de folletos informativos sobre o acollemento e os seus beneficios.

A información proporcionada polos comerciantes, que se encargarán de difundila ao longo de toda a semana, dá a coñecer en que consiste o acollemento como medida de protección para nenos, nenas e adolescentes, a súa finalidade e cales son os requisitos para facerse familia acolledora.

Unha voluntaria de Cruz Vermella Ourense informando sobre o programa "En familia, por dereito".
Unha voluntaria de Cruz Vermella Ourense informando sobre o programa “En familia, por dereito”.

O CCA Ourense Centro tamén estivo presente na mesa informativa sobre o acollemento familiar atendida por persoal técnico e voluntario de Cruz Vermella, na que participaron o presidente da entidade comercial, Luis Rivera e o presidente provincial de Cruz Vermella, Felipe Ferreiro.

Artigos relacionados

Back to top button