OurenseÚltima hora

Cruz Vermella e o Concello coordinan o traballo en materia de acollida de refuxiados

Técnicos da Concellería de Servizos Sociais, xunto a Sofía Godoy, mantiveron hoxe unha xuntanza de traballo cos responsables do programa de Solicitantes de Asilo do Ministerio de Emprego e Seguridade Social que xestiona a Cruz Vermella
Na xuntanza puxeron en común as estratexias a levar a cabo na acollida de refuxiados.

A Concellería de Asuntos Sociais celebrou hoxe, 7 de xuño, unha xuntanza de traballo, no centro cívico Colón, sobre o Programa de Protección de Solicitantes de Asilo e Refuxiados do Ministerio de Emprego e Seguridade Social que xestiona Cruz Vermella, entre outras entidades, na comunidade autónoma. Nesta xuntanza expuxéronse os obxectivos e a metodoloxía da organización neste ámbito, e abordáronse liñas de traballo a seguir entre as diferentes entidades implicadas en materia de migración (a Fundación Juan Soñador, Cáritas, UGT).

Os coordinadores de Cruz Vermella en Galicia, Joaquín Varela, e do Programa de Protección Internacional de Cruz Vermella en Galicia, Juan Redondo, expuxéronlle os obxectivos e a metodoloxía de traballo da organización á concelleira de Asuntos Sociais, Sofía Godoy, en relación coas actuacións e proxectos do sistema de acollida. Incidiuse especialmente nas diferentes fases que inclúe o itinerario de integración.

Nunha segunda parte da xuntanza, técnicos de servizos sociais e das entidades intercambiaron experiencias, resolvendo dúbidas en relación co alcance dos conceptos de “Refuxiado” e “Protección internacional”, así como das características e particularidades da fase de Acollida Temporal que é a que actualmente desenvolve Cruz Vermella en Galicia e en cuxo obxectivo final de integración e autonomía, todos os recursos poden verse implicados.

Na provincia de Ourense, Cruz Vermella conta ata o momento con 24 prazas de acollida situadas na comarca de Valdeorras. O obxectivo principal do programa de atención a persoas solicitantes de protección internacional é a acollida e integración destas na nosa sociedade.

Cruz Vermella Española conta actualmente con 1.513 prazas de acollida en 39 provincias, o que supón que triplicou a súa capacidade nos últimos meses, sendo a porcentaxe de ocupación de máis dun 90%. Espérase poder ampliar esta rede ata as 1.700 prazas este ano. As nacionalidades máis comúns das persoas atendidas por Cruz Vermella no último semestre son sirias, ucraínas e venezolanas. Un 27% dos atendidos son menores de 18 anos.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close