OurenseÚltima hora

Cruz Vermella Ourense recibe alimentos para axudar a 400 familias do Concello de Barbadás

 

Aceite, arroz, lentellas ou macarróns, son algúns dos produtos alimentarios de primeira necesidade que, na mañá deste 29 de abril, Mercadona da Valenzá entregaba a Cruz Vermella Ourense.

En colaboración cos Servizos Sociais do Concello de Barbadás, estes alimentos entregaranse a máis de 400 persoas en situación de vulnerabilidade.

Elisabeth González, concelleira de Servizos Sociais do Concello de Barbadás, e María Martínez, responsable da área de Inclusión Social de Cruz Vermella en Ourense, eran as encargadas de recoller os alimentos.

Artigos relacionados

Back to top button