ConcellosÚltima hora

Cruz Vermella Valdeorras programa un paseo para celebrar o Día Mundial da Saúde

A camiñada será mañá 6 de abril ás 11h. dende a Casa do Río Cigüeño

O  vindeiro sábado 7 de abril celébrase o Día Mundial da Saúde, e Cruz Vermella súmase a esta conmemoración mediante accións de sensibilización e información sobre a promoción e posta en práctica dos hábitos saudables coa alimentación sana, a práctica do exercicio regular e a xestión da saúde emocional, comco eixos principais.

No Barco de Valdeorras, hai programado un paseo saudable para mañá, vernes 6 de abril, ás 11 horas. Sairá da Casa Río Cigüeño en dirección a Viloira, regresando pola rúa Real ata a praza de San Mauro, un percorrido duns 2 km ao que están convidadas todas as personas que queiran participar.

Na provincia de Ourense, realizaranse distintas actividades con nenos e persoas maiores dos proxectos da organización, así como no Centro Penitenciario de O Pereiro de Aguiar. En Verín terán lugar no Centro Social tamén mañá e a próxima semana será nas localidades de Medeiros, Montes, Sandín e Albarellos. En Ribadavia, voluntariado de O Ribeiro levará a campaña á feira do martes 10 de abril.

Ademais, Cruz Vermella lanza “Quiérete” unha aplicación gratuíta para dispositivos móbiles a través da cal se favorece a posta en práctica e o mantemento de condutas saudables mediante a realización dunha serie de retos en saúde. Con esta aplicación tamén se terá acceso a outras seccións (de receitas, recursos de interese, preguntas frecuentes…) e está dispoñible para a súa descarga en móbiles e tablets, tanto para IOS como Android.

Artigos relacionados

Back to top button