ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Cruz Vermella Valdeorras sae á rúa no “Día da Bandeira”

Os voluntarios instalaron sendas mesas nas prazas do Concello do Barco e da Rúa

Un ano máis Cruz Vermella Valdeorras sumouse á celebración do “Día da Bandeira”, un acto de carácter nacional no que participaron coa instalación de mesas recadatorias nas prazas do Concello do Barco e da Rúa. Alí estiveron os voluntarios na mañá 26 de outubro, coas huchas para que a xente depositase as súas aportacións e tamén décimos de lotería para vender. E como agasallo, unha pegatina e unha piruleta.

Trátase dun evento con máis de 100 anos de historia, que tradicionalmente está enfocado á captación de fondos para os fins xerais da Institución, nesta ocasión “a prol da infancia e a xuventude”.

Fotos: Mónica G. Bellver e Cruz Vermella Valdeorras.

 

Artigos relacionados

Back to top button