DeportesÚltima hora

Cualedro organiza a “II Marcha-BTT” para dar a coñecer o seu territorio

A cita terá lugar o 1 de outubro, a partires das 9:30 horas, e ofrece aos participantes unha ruta de 55 quilómetros e outra de 31
David da Costa, Rosendo Fernández, Luciano Rivero, Manuel Alfonso e Marcos Meno.

O Concello de Cualedro prepárase para acoller a “II Marcha-BTT”, un evento deportivo que terá lugar o día 1 de outubro e no que os participantes poderán coñecer este municipio en bicicleta de montaña a través de dúas posibles rutas: unha de 55 quilómetros de dificultade media-alta, e outra de 31 quilómetros de dificultade media-baixa.

O alcalde de Cualedro, Luciano Rivero, asegurou na presentación de hoxe, 22 de setembro, que o obxectivo da proba é  “dar a coñecer os nosos recursos turísticos e paisaxísticos”, e engadiu,  tamén outro obxectivo “é potenciar o mercado local, os produtos da comarca e incentivar o deporte na veciñanza e en todos aqueles que queiran vir a acompañarnos”.

Neste senso, o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, destacou a contribución que fan este tipo de probas “na dinamización do territorio e na posta en valor da riqueza paisaxística do municipio de Cualedro a través do deporte”.

Pola súa parte, o responsable de Protección Civil do Concello de Verín, Manuel Alfonso, dixo que o día da proba haberá “21 voluntarios que velarán pola seguridade do evento procedentes de Protección Civil Cualedro-Monterrei, Laza e Verín” e incidiu na importancia de que todos “respecten as normas da competición”.

O vicepresidente do Club BTT Verín, David da Costa, recalcou que a proba “non ten carácter competitivo e está deseñada como unha marcha de velocidade libre”. A saída da mesma será ás 9:30 horas. Os interesados en participar poderán anotarse por un custe de 15 euros que inclúe a participación na ruta e o xantar, 12 euros para os acompañantes, e para participar só na ruta o custe é de 5 euros. As inscricións poden formalizarse na páxina web www.bttverin.com ou a través dos números de teléfono 988-424-004 ou no 639-960-345, tendo de prazo ata o día 27 de setembro. “O ano pasado participaron 160 persoas, cifra que esperamos manter tamén nesta segunda edición”, sinalou Marcos Meno.

 

 

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button