DeportesÚltima hora

Cuarto posto para Leo Pérez na súa estrea como alevín no Campionato de Karting de Castela e León

Malia sufrir un accidente na clasificación, este piloto lograba concluír as dúas probas e quedaba cuarto

O piloto barquense de karting Leo Pérez Pereira (Seijo Kart) competía por vez primeira como alevín no Campionato de Castela e León o 16 de febreiro en Cabañas Raras (León).

Durante a clasificación este xove piloto sufría un accidente que lle provocaba unha rotura muscular. Pese a iso, volvía ao circuíto e lograba entrar cuarto na primeira das probas e segundo na segunda. Finalmente situábase nunha cuarta posición, non sen polémica pola xestión dos comisarios con respecto a actuación doutros dous pilotos durante o campionato.

Aínda así, o pai de Leo, Julio Pérez, fai un balance moi positivo da súa estrea. “Estamos moi contentos, pelexou ata o final e fíxoo moi ben. Era a súa primeira carreira e nunha categoría na que son case todos maiores ca el. Aínda lle quedan dous anos como alevín e esta primeira tempada é para aprender e adaptarse á categoría”, engade Julio Pérez.

Fotos: JFM3DIA (Ponferrada).

Artigos relacionados

Back to top button