OurenseÚltima hora

O cubano Miguel A. Alvelo presenta en Ourense un libro sobre as figuras de Fraga e Fidel Castro

Portada do libro que se presentará esta tarde no Liceo de Ourense.

O Liceo de Ourense será escenario ás oito da tarde do 21 de febreiro do acto de presentación do libro “Manuel Fraga un gallego cubano Fidel Castro un cubano gallego”, do autor cubano Miguel Angel Alvelo Céspedes, profesor graduado de Educación Física e Deportes pola facultade Manuel Fajardo (Camaguei, Cuba).

Na presentación desta obra, prologada polo presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo; o escritor explicará a relación entre Manuel Fraga e Fidel Castro, dous personaxes “antagónicos nas súas ideas pero cunha mesma orixe Cuba e Galicia”.

Artigos relacionados

Back to top button