DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Cubiertas Gelasio, vencedor sénior do Torneo de Futsal de Trives

Na categoría infantil o equipo Penetubies júnior proclamouse campión quedando de segundos Manzaneda F.S.

Do martes 21 ao sábado 25 de agosto desenvolvíase o Torneo de Futsal de Trives no pavillón de deportes da vila. A xornada do 25 de agosto, tras unha fase previa eliminatoria, disputábase a fase final tanto na categoría senior como na categoría infantil ante un numeroso público.

Os resultados finais foron os seguintes: na categoría infantil o equipo Penetubies júnior proclamouse campión quedando de segundos Manzaneda F.S. Mentres que na categoría sénior o equipo campión foi Cubiertas Gelasio, obtendo o segundo posto Vamosalomas F.S., en terceiro lugar quedou Tinajas F.S. e cuartos Penetubies.

Ademais das clasificacións dos equipos tamén se entregaron trofeos ao mellor xogador, que recaeu en Adrián Pousa do Vamosalomas F.S e ao mellor porteiro, que o levaba Alex Álvarez do Cubiertas Gelasio.
Tras rematar a final, foi o alcalde, Domingo Diéguez, o encargado de facer a entrega dos trofeos aos equipos vencedores de cada unha das categorías disputadas así como dos trofeos individuais.

Ademais dos trofeos, os equipos gañadores tamén levaron de agasallo lotes de produtos da zona como Bicas e viño. No sorteo dos premios das rifas, a gañadora da camiseta do Sporting Manzaneda foi Leticia Álvarez.
A rifa premiada cunha cea para dúas persoas na Cantina do Catro foi a do número 213. Este boleto terá validez dunha semana, tempo do que dispón o portador para poñerse en contacto con algún dos membros da organización ou no teléfono 670 47 15 20.

Dende o Concello expresábase o seu agradecemento “como cada verán aos mozos da vila que con toda a súa ilusión organizan o torneo facendo que isto sexa posible e apostando polo deporte”.

Fotos: Concello de Trives.

Artigos relacionados

Back to top button