Galerías de fotosÚltima hora

Cultos e festa da escuma para celebrar A Madalena en Vilamartín Valdeorras

O programa incluía a inauguración dunha exposición de pintura de Pepe “O español”

Na xornada do 22 de xullo Vilamartín de Valdeorras celebraba a festa na honra á Madalena. Pola mañá tiña lugar a misa e procesión pola Rodeleira, con pasarrúas matinal a cargo do grupo de gaitas Airiños de Caldelas; e pola tarde os cativos desfrutaron cunha refrescante festa da escuma, no mesmo entorno, moi preto do río.

O programa incluía ademais a inauguración dunha exposición de pinturas ao óleo e acrílico de José Prieto, veciño de Vilamartín coñecido como “Pepe O español”. A mostra permanecerá no Centro Cultural Via Nova ata despois da Festa das Covas. Quen desexe vela debe solicitalo no Concello.

 

Pepe “O español”, na inaguración da súa mostra de pinturas en Vilamartín.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button