En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Cultos, música e aperitivo para celebrar o San Mauro no Barco

Na procesión, a imaxe do santo era levada a ombros por membros da Policía Local barquense

 

Tal como amencera o día ninguén houbera dito que no mediodía do 15 de xaneiro lucira o sol pero así foi e como cada ano a Policía Local do Barco de Valdeorras podía celebrar unha radiante festa na honra ao seu patrón, San Mauro. Unha celebración que comezaba ás doce e media deste mércores coa procesión polo casco vello da localidade.

Coma sempre a imaxe do santo era levada a ombros polos municipais, acompañados polos fegreses e a música da charanga Río Sil, completando o percorrido pola praza Maior e as rúas Real e Oscura, para regresar de novo á igrexa, onde tiña lugar a eucaristía, presidida polo párroco Tomás Rodríguez e cantada polo coro da parroquia de San Mauro.

 

 

Trala celebración relixiosa, á que tamén asistía a corporación municipal e algún membro da Garda Civil, municipais, amigos e familiares trasladábanse ata a tapería Al Natural, tamén no casco vello, para compartir un aperitivo e brindar por San Mauro.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button