ConcellosEn portadaGalerías de fotosO BarcoÚltima hora

Cultos, música e comida na Romaría de San Francisco Blanco, en Outarelo (O Barco)

Os grupos de amigos, entre eles os da Confraría de San Francisco, non faltaron á tradicional cita

Logo dun ano sen celebrarse por culpa da pandemia, os devotos de San Francisco Blanco tiñan ganas de recuperar a tradicional romaría na súa honra que cada ano se celebra en Outarelo (O Barco de Valdeorras). E así o demostraron os numerosos fieis que na mañá deste sábado 5 de febreiro asistían á celebración nun cálido e soleado día.

 

Procesión de San Francisco de Blanco.

 

Presidido por primeira vez polo novo párroco do Barco, Jesús Álvarez, o programa comezaba coa novena o 27 de xaneiro e xa na mañá deste sábado, despois das dúas misas anteriores (ás 10:30 e ás 11:30h.), ás 12:30h. comezaba á procesión coa imaxe e a reliquia deste santo, avogado dos males da cabeza, co acompañamento musical do grupo de gaitas Celtas Largos.

 

Herminio convidou ás amistades a un viño e un pincho, na propiedade que lindan coa capela e son da súa propiedade.

 

Trala procesión tiña lugar a misa maior oficiada polo párroco. Presidindo o altar, coma sempre, a reliquia de San Francisco (mártir nado no Tameirón, A Gudiña, e crucificado en Xapón), que os fieis tocaron e bicaron ao rematar os cultos.

 

Amigos de San Francisco Blanco.

 

Entre os asistentes, incondicionais grupos de amigos, entre eles os membros da Confraría de San Francisco que non faltan á cita. Moitos deles aproveitan o día para compartir unha tapiña de polbo á feira ou churrasco na praza do pobo, mantendo en todo momento as medidas do protocolo Covid. Tampouco faltaron as tradicionais roscas.

 

 

 

Fotos e vídeos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button