CulturaCulturaÚltima hora

Cultos, música e teatro nas festas de San Lourenzo de Arcos (Vilamartín), do 10 ao 12 de agosto

Publicidade
Público asistente ao teatro en Arcos, Vilamartín, hai uns anos./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Arcos, no concello de Vilamartín de Valdeorras, é outra das localidades que recuperan neste mes de agosto as súas festas patronais, logo de ter que suspendelas durante dous anos por culpa da pandemia de Covid-19.

Así, os veciños e visitantes poderán desfrutar de tres días de celebración (do 10 ao 12 de agosto) na honra a San Lourenzo. O día central será o mércores día 10, festividade de San Lourenzo, e para ese día está previsto un pasarrúas, a procesión e misa solemne na hora a San Lourenzo (12:30 horas) e xa pola tarde xogos para os nenos. O apartado musical correrá por conta da orquestra Arizona en sesión de tarde e verbena que rematará cun Dj.

O día seguinte, xoves 11 de agosto, haberá de novo pasarrúas pola mañá, e pola tarde baile amenizado pola orquestra Alma Latina, que rematará cunha nova sesión de DJ. E xa o día 12 de agosto, venres, será o turno do teatro que en lugar de abrir como noutras ocasions, será o encargado de pechar as festas. En torno ás 22h. ao escenario a carón do local social do pobo, subirase o Grupo de Teatro de Arcos para entreter e facer rir ao público coa súa nova obra ‘A casa da avoa’. Unha sesión Dj posterior porá o broche ao programa.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button