ConcellosO BarcoÚltima hora

Cultos na honra a San Antón Abade, en Coedo (O Barco)

Este ano non puderon celebrar a procesión pero houbo tres misas. A maior foi ás 13h e haberá outra ás cinco da tarde

 

Hoxe a localidade barquense de Coedo celebra a festa na honra ao seu patrón, San Antonio Abade. As restricións sanitarias para loitar contra o coronavirus impiden a celebración de actividades nas que se poida reunir moita xente, aínda que sexa en espazos abertos, e unha delas é a procesión, por iso a conmemoración limitouse este ano aos cultos no interior da capela.

 

Tocando a misa na capela de Coedo.

 

Así, ás 13 horas deste domingo 17 de xaneiro os veciños asistían á misa maior do día, aínda que tamen houbo unha ás 11 horas e haberá unha terceira ás 17h. Igual que nos últimos anos, dende que o actual párroco se fixo cargo da celebración, trala eucaristía celebrouse o sorteo dun xamón.

De camiño a Coedo, as baixas temperaturas nocturnas seguen deixando estampas de xeo ao pé da estrada, tal como pode verse nesta imaxe.

 

Carámbanos na estrada de Coedo.

 

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button