ConcellosO BarcoÚltima hora

Cultos na parroquia de San Mauro para honrar ao Nazareno o 14 de setembro

Imaxe do Cristo no interior da igrexa de San Mauro. /Foto: A.R.

 

As circunstancias que se deron este ano non foron moi propicias para a conmemoración do Cristo no Barco de Valdeorras. Primeiro pola pandemia de Covid que por segundo ano consecutivo impedíu a celebración das festas tradicionais, incluída a multitudinaria procesión que cada 14 de setembro reunía a centos de fegreses en torno á figura do Nazareno. A segunda circuntancia, o falecemento con signos de violencia dunha xove veciña que propiciaba a cancelación de parte da programación cultural, organizada dende o Concello.

Con todo, mañá, martes 14 de setembro, é o Día do Cristo e para honrar a súa figura celebraranse os cultos na igrexa de San Mauro. A partir das 8 da mañá haberá misas cada hora ata as 12, momento no que se celebrará a misa solemne. Pola tarde, ás oito haberá outra eucaristía.

Tal como adiantaba o novo párroco do Barco, Jesús Álvarez Álvarez, as celebracións son retransmitidas a través do seu perfil de Facebook, para que todo aquel que o desexe poida seguilas aínda que non vaia á igrexa.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button