OurenseÚltima hora

Cultura e viño do Ribeiro marídanse por quinta edición en “Cata a Arte”

O progama, que inclúe presentación de viños e actividades culturais, comezará o 8 de novembro no Centro Cultural da Deputación de Ourense
Presentación da quinta edición de “Cara a Arte”, unha iniciativa promovida polo CRDO Ribeiro.

 

Teatro, maxia, música ou exposicións maridadas con viños da D.O. Ribeiro. O vindeiro 7 de novembro porase en marcha a quinta edición de “Cata a Arte”, unha iniciativa nacida dunha maneira experimental e que se consolidou de xeito definitivo, con máis de 600 asistentes no pasado ano.

Desta volta o seu programa, que se presentaba na mañá do 5 de novembro no Centro Cultural da Deputación de Ourense, incluirá a presentación por parte de catro adegas do Ribeiro (Loeda, Nairoa, Celme e Alanís, respectivamente) dos seus viños os xoves 8, 15, 22 e 29 de novembro, ás 20 horas, nun ambiente no que ás exposicións de pintura ou fotografía programadas no citado espazo cultural engadiranse aos espectáculos do mago Deimi, a música de Diego Nóvoa que presenta o seu novo disco, o teatro de Compañía #2 ou a música rock de L´Apetite Mort en cada un deses xoves. Ademais as catas teñen un carácter solidario, que nesta ocasión terá como beneficiaria á Asociación de Fibromialxia, Fatiga Crónica e Sensibilidade química de Ourense (AFFOU).

Durante a presentación desta nova “Cata a Arte” o presidente do Ribeiro, Juan M. Casares, louvaba a calidade dos viños producidos nesta denominación “que se atopan entre os mellores do mundo” e o feito positivo de xunguir a excepcional calidade deste produto coa cultura.

Tamén interviña o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, quen resaltaba o “carácter solidario” desta iniciativa e incidía a importancia do viño na economía da provincia como un dos sectores estratéxicos de Ourense. Pola súa banda, o director do cento cultural, Paco González, agradecía ao Consello Regulador da D.O. Ribeiro a súa implicación nesta novidosa iniciativa dende o primeiro día ate convertela nun éxito seguro que goza do aprecio e valoración dos numerosos asistentes a cada cata nas edicións xa celebradas.

Nesta presentación tamén se contaba coa asistencia da presidenta da AFFOU, Marina Añel Murga, e dos representantes das adegas protagonistas do ciclo.

 

Programa desta edición de “Cata a Arte”.

 

Artigos relacionados

Back to top button