EconomíaEconomíaÚltima hora

A cultura ibérica do barro, no Malecón do Barco

Do 2 ao 4 de xuño poderá visitarse nesta vila valdeorresa a V Feira Internacional de Alfareiría

Demostracións ao torno en vivo e unha ampla, diversa e interesante exposición de pezas de olería. Algunhas de corte tradicional, outras innovadoras. Ata o vindeiro 4 de xuño o Paseo do Malecón do Barco acollerá a V Feira Internacional de Alfareiría. Reúne a quince artesáns de diferentes puntos da Península Ibérica, que achegan a súa singular e diversa tradición oleira á vila valdeorresa.

O país convidado nesta edición é Portugal, representado polo artesán Armando Moita Domingues, de Coímbra. Ademais a feira conta cos postos de Pedro Rodríguez, Mercedes Alonso e Marisol Garrote (Pereruela de Sayago, Zamora), Hermanos Fraile, Marcial Carrasco e Francisco Casas (Puente del Arzobispo, Toledo),Catalina Arance (Bailén, Jaén), Hermanos Pérez, Ignacio Guillén e Manuel Vinagre (Salvatierra de los Barros, Badajoz), Santiago Gallego (Carbajal de la Legua, León), Miguel Ángel Sánchez (Villarrubia de los Ojos, Ciudad Real), José Pajares (Arroyo de la Luz, Cáceres), Isaac Cívicos (El Perdigón, Zamora), Alfafería Migonli (La Bañeza, León).

O acto inaugural do certame tiña lugar ás 13h. do 2 de xuño. Nel a concelleira de Turismo, Irene Dacal, acompañada polo representante da Federación Interrexional de Alfareiros (Finral), Miguel Ángel González. A concelleira destaca o interese desta feira, agradecía a colaboración de Finral e tamén se refería a actividades do programa como os obradoiros infantís (nas tardes dos días 3 e 4 de xuño), así como inchables para os máis pequenos no recinto feiral.

Pola súa banda, o representante de Finral, entidade organizadora da mostra, agradecía a boa disposición do Concello do Barco para levar adiante xa por quinto ano concutivo este certame e defendía a tradición oleira da península e o seu valor cultural. Ademais animaba ao público a achegarse á feira, que poderá visitarse ata a tarde do domingo 4 de xuño cun horario de 11h. a 14:30h. e de 16:30h. a 21h.

Fotos: Ángeles Rodríguez.

Artigos relacionados

Back to top button