CulturaCulturaÚltima hora

“Cultura no Camiño+” programa varias actuacións na provincia de Ourense

Os eventos terán lugar en Allariz, Muíños, A Teixeira, Parada de Sil, Sandiás e Xunqueira de Espadanedo

O ciclo da Xunta de Galicia “Cultura no Camiño+” programa varias actuacións escénicas e musicais na provincia de Ourense. Esta iniciativa enmárcase dentro do plan autonómico de reactivación dos sectores cultural e turístico fronte aos efectos da Covid-19 e comprende un total de 150 concellos de toda Galicia, 32 deles en Ourense.

Grazas a estas subvencións, A Teixeira acollerá, o día 28 de agosto ás 22:30h, a obra de teatro “Nabiza Girl” na praza Cardenal Quiroga e, ao día seguinte no mesmo emprazamento, soará a música de Caspervek Trío ás 21:30h. Parada de Sil tamén terá teatro ese mesmo día coa obra “A historia de Brancaflor” ás 19:00h. Ian & Elisa ofrecerán un espectáculo de maxia o 29 de agosto ás 22:30h en Sandiás e Black actuará na praza do Matadoiro de Allariz o día 4 ás 21:00h. Noutro ámbito, o complexo turístico-deportivo do Corgo en Muíños acollerá o espectáculo do mago Dani García o día 19 de setembro, ás 19:00h. En Xunqueira de Espadanedo están programadas para o 6 de setembro as actuacións de Uxía Lambona e Banda Molona ás 19:20h no Claustro Regular de Santa María e, Dequenvessendo, actuará o día 19 ás 20:20h.

O programa “Cultura no Camiño+” amplíase este ano aos concellos situados fóra do Camiño de Santiago grazas ao incremento en máis do triplo da dotación da convocatoria. Deste modo, ofreceranse arredor de 450 citas coa música, o teatro, o novo circo, a danza e a maxia producidos de xeito profesional en Galicia, tanto en espazos ao aire libro como en recintos pechados.

 

Cartel promocional / Foto: cedida.

Artigos relacionados

Back to top button