OurenseÚltima hora

Cultura presenta o programa do Auditorio para setembro e outubro

Borja Quiza abre a quenda cun concerto de boleros mañá ás 21h
Iglesias e Freire, esta mañá, tras a presentación do programa do Auditorio Municipal.
Iglesias e Freire, esta mañá, tras a presentación do programa do Auditorio Municipal. // Foto: Sara Fontenla

A Concellería de Cultura vén de presentar a programación de actividades e actos que acollerá o Auditorio Municipal de Ourense para os meses de setembro e outubro. O artista Borja Quiza será o encargado de abrir a quenda mañá, cun concerto de boleros baixo o título do seu último espectáculo, “Alma, corazón e vida”. Será ás 21h na Sala Principal. O programa foi presentado esta mañá no Concello pola edil de Cultura, Belén Iglesias, e o técnico, Manuel Freire.

“Tratamos coma sempre de combinar fórmulas de espectáculos de éxito xunto co apoio á consolidación doutro tipo de estilos”, explicaba Iglesias. Así, xunto a nomes como Martirio, Goyo Jiménez ou Sarabela, o programa inclúe a IX edición do Festival Internacional de Teatro de Ourense (FITO), un concerto da Orquestra Sinfónica de Galicia ou os Contos na Lareira de quico Cadaval e Cándido Pazó. Tamén se inclúe música, baile, cine, teatro, humor e espectáculos infantís.

O Concello decide presentar a programación cultural cada dous meses debido á cantidade de espectáculos cos que se traballa. “A información máis fiable é a curto prazo porque pode haber cambios”, sinalaba Freire. Sen embargo, avanzáronse algunhas das sorpresas para novembro, entre os que destaca un concerto en acústico de Los Secretos.

 

Artigos relacionados

Back to top button