OurenseÚltima hora

Cultura traballa nun novo produto turístico para pór en valor os cascos históricos

O conselleiro mantiña unha xuntanza con representantes de diversos concellos galegos para avanzar o contido deste novo produto turístico
O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, na reunión cos concellos sobre o novo produto turístico dos cascos históricos que se presentará en Fitur.

Nesta mañá de 8 de xaneiro o conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, acompañado da directora da Axencia Turismo de Galicia, Nava Castro; mantiña unha xuntanza con representantes de diversos concellos de Galicia (entre eles algúns da provincia de Ourense) para avanzar o contido dun novo produto turístico que porá en valor o potencial dos cascos históricos de Galicia.

Na xuntanza, celebrada en Santiago de Compostela, expoñíanse as liñas programáticas desta iniciativa, que será presentada na próxima edición da Feria Internacional de Turismo (Fitur), e que “amplía e diversifica os circuítos dos viaxeiros en toda a Comunidade a través do turismo cultural, do turismo de compras e da gastronomía e a artesanía local”, segundo se avanza dende a Consellería de Cultura.

Artigos relacionados

Back to top button