CulturaCulturaÚltima hora

“Cuñados”, a comedia producida polo petinés Alfonso Blanco, chega á Rúa esta fin de semana

Proxectarase no Centro Cultural Avenida o sábado e o domingo, ás 17 e ás 19:30 horas

 

Trala premier que tiña lugar onte no Teatro Principal de Ourense, a comedia galega Cuñados estrearase esta fin de semana nos cinemas, entre eles o Centro Cultural Avenida da Rúa, que a proxectará o sábado e o domingo, 10 e 11 de abril, en dúas sesións: ás 17 e ás 19:30 horas.

Rodada integramente na provincia de Ourense e con produción executiva do petinés Alfonso Blanco, esta comedia “criminalmente divertida” conta entre outras, con caras tan coñecidas do panorama cinematográfico galego como Miguel de Lira, Federico Pérez Rey ou Xosé A. Touriñán.

A longametraxe ten unha duración de 89′ e non está recomendada para menores de 7 anos. Dada a sotuación sanitaria, o aforo da sala de cine será limitado e contarase con todas as medidas anticovid.

Artigos relacionados

Back to top button