CulturaCulturaÚltima hora

“Cuñados”, do produtor valdeorrés Alfonso Blanco, con 15 candidaturas nos Goya

Os nomeados nestes galardóns daraos a coñecer a Academia de Cine Español o 29 de novembro

O petinés Alfonso Blanco “Fosco”, produtor de “Cuñados”.

 

Ata quince candidaturas suma a longametraxe galega “Cuñados”, producida polo petinés Alfonso Blanco, nos 36 Premios Goya. Así o vén de dar a coñecer a Academia de Cine Español. Aos premios Goya optan nesta edición un total de 160 películas españolas estreadas entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2021.

Destas 160 producións (5 máis que na edición anterior), 82 son de ficción, 74 son documentais (a especialidade de Documental preseleccionou 16 producións para o Goya nesta categoría) e 4 son de animación (o ano pasado foi unha).

No caso de “Cuñados”, esta comedia opta a Goya nas categorías de mellor película, mellor dirección novel, mellor guión orixinal, mellor actor protagonista, mellor actriz protagonista, mellores actrices de reparto, mellor dirección de produción, mellor director de fotografía, mellor montaxe, mellor dirección artística, mellor maquillaxe e perruquería, mellor son e mellores efectos especiais.

Os nomeados dos Goya 2022 daranse a coñecer o luns 29 de novembro na sede da Academia.

Candidaturas de “Cuñados” nos Premios Goya 2021

 

Artigos relacionados

Back to top button