EconomíaEconomíaEn portadaPizarraÚltima hora

Cupa Group reforza a súa presenza internacional coa adquisición do grupo Proinor

Javier Fernández, conselleiro delegado de Cupa Group./ Foto cedida.

 

Cupa Group, a compañía líder mundial en produción e comercialización de lousa, ven de anunciar hoxe a adquisición do 100% de Proinor, a empresa especializada en extracción, fabricación e comercialización de lousa natural para a construción de cubertas. A través desta operación, Cupa Group reforza a súa posición de liderado como primeiro produtor a nivel mundial de lousas para cubertas.

“O valor de Proinor reside nas súas grandes reservas de lousa e a alta calidade do produto final, que permitirán a Cupa Group ampliar a súa capacidade produtiva e de abastecemento aos principais países importadores. De feito, a operación expandirá as actividades de Cupa Group en Estados Unidos, Reino Unido, Alemaña, Dinamarca e Luxemburgo”, tal e como se informa dende este grupo empresarial.

300 millóns de euros de facturación

A integración de Proinor en Cupa Group dará lugar a unha compañía cunha facturación consolidada superior aos 300 millóns de euros e unha cifra próxima aos 2.200 empregados en todo o mundo.
O acordo súmase á adquisición o pasado decembro de Pizarras Gallegas, empresa con medio século de historia cuns xacementos de alta calidade que xa están a contribuír a reforzar a actividade internacional da compañía.

Javier Fernández, conselleiro delegado de Cupa Group, destaca que “o alto interese que percibimos pola nosa lousa demostra que segue habendo potencial de crecemento en todos os países onde operamos. Coa integración de Proinor seguimos avanzando no noso plan de expansión e reforzamos a nosa presenza internacional, consolidando a nosa posición de liderado”.

Artigos relacionados

Back to top button