EconomíaEconomíaÚltima hora

Cupa Stone abre o seu primeiro punto de venda en Castela-A Mancha

Este é o terceiro almacén que a empresa abre este año, después de las inauguraciones de Málaga y Toulouse.

 

Cupa Stone, empresa experta en produción e venda de pedra natural, abre un novo punto de venda en Ciudad Real. Trátase da primeira apertura da empresa en Castela-A Mancha e a terceira este ano despois das inauguracións de Málaga e Toulouse. A inauguración de Cupa Stone Ciudad Real “dá continuidade á súa estratexia de crecemento e desenvolvemento de negocio, cunha rede de distribución que alcanza os doce almacéns en España e 27 en total en Europa”, explican dende o grupo.

Situado a cinco minutos do centro da cidade, no Camiño das Minas á saída da N-420, Cupa Stone Ciudad Real conta con máis de 1500 metros cadrados de exposición e venda de pedra natural. Distribúe 300 referencias de granitos nacionais e de importación, calcarias, mármores e areniscas, ademais de produtos exclusivos como STONEPANEL e a ampla gama de encimeras das marcas Terra, SapienStone e Lapitec que a empresa distribúe baixo a liña Cupa Stone Kitchen.

 

Primeiro punto de venda en Castela-A Mancha

Guillermo Oviedo, director xeral de Cupa Stone Iberia, afirma que “estamos encantados de inaugurar o noso segundo almacén en España en 2021”. Coa chegada da empresa a Castela-A Mancha, explica Oviedo, “reforzamos a nosa presenza no mercado das superficies na zona centro sur. Forma parte dunha estratexia de expansión moi ambiciosa, co obxectivo de satisfacer a demanda crecente de materiais de construción sostibles e fáciles de instalar. Esta é unha situación de mercado na que a nosa marca xa está moi ben posicionada, grazas ás calidades naturais dos nosos produtos e a unha atención comercial especializada”.

Cupa Stone Ciudad Real está destinado á venda de materiais tanto para clientes profesionais como particulares. O novo almacén xa está aberto ao público e acondicionado para garantir as medidas de saúde e hixiene de todos os visitantes. “Animamos a marmolistas, arquitectos, interioristas, estudos de cociña e como non, a clientes particulares, a que acudan a coñecer toda a nosa gama de produtos no novo de centro de Ciudad Real”, sinala Guillermo Oviedo.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button